Anuncios
Ticker de novas

Gondomar propón danza, cine, teatro e música para as noites de verán

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Festival de Danza no Parque da Coelleira.

A Concellería de Cultura de Gondomar vén de presentar a programación cultural e de lecer prevista para a tempada estival, que se desenvolverá en tres escenarios diferentes, un situado no Parque da Coelleira, outro no Parque Ponte das Rosas e o último na Praza do Concello.

Entre as actividades podemos atopar danza, cine, teatro, grupos tradicionais ou concertos de diferentes artistas e grupos ou bandas de música.

O Parque da Coelleira encherase de baile e música cun Festival de Danza o 21 de xullo ás 22:00 horas e os concertos de Os Terribles de Donas e o Coro Galego Abrente de Mos (24 de xullo), Perlavoce (28 de xullo), A Polémica Banda dos Bechuchos (30 de xullo), Roi Casal (4 de agosto), Pa-Ti-Na-Má (6 de agosto), The Hendersons (11 de agosto), La Patrulla (12 de agosto) e BlackStereo (13 de agosto), todos eles ás 23:00 horas.

Tamén no Parque da Coelleria, os máis pequenos poderán gozar de teatro infantil o 23 de xullo ás 22:00 horas, coa obra “Os tres porquiños”. O 14 de agosto, Cristian de Samil ofrecerá un espectáculo de variedades e un día despois celebrarase a Festa Novecento, contando con DJs do lendario local nocturno de Gondomar. Ambas as dúas actividades comezarán ás 23:00 horas.

O cine será o protagonista no Parque Ponte das Rosas ás 22:30 horas, coa proxección de “El libro de la selva” (22 de xullo), ”Mi amigo el gigante” (25 de xullo), “Zootrópolis” (29 de xullo), “Peter y el dragón” (5 de agosto) e “Aventuras de los Freemakers” (16 de agosto).

O sábado 26 de agosto ás 21:30 horas, como peche do programa cultural, a Banda Agrupación Musical de Vincios e Fantoches Baj presentarán un espectáculo conxunto de música e monicreques na Praza do Concello.

Anuncios