Panxón acolle a Ofrenda Nacional do Mar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Unha vez máis e con esta fan 78, este sábado 8 de xullo celébrase a xa tradicional Ofrenda Nacional do Mar en Panxón, no marco incomparable do Templo Votivo do Mar, obra do insigne arquitecto porriñés Antonio Palacios Ramilo.

A Ofrenda do Mar está organizada polo Apostolado do Mar e a Parroquia de San Xoán de Panxón. Este ano lle corresponde á Mariña de Pesca, e será a oferente a Patroa da Confraría de Pescadores Santa Tecla da Guarda, Silvia Crespo, primeira muller en realizala, xa que ata agora sempre foran homes.

A Eucaristía, que comezará ás 20:00 horas, estará presidida por Don Luis Quinteiro Fiuza, Bispo da Diocese de Tui-Vigo, e á vez, Bispo Promotor do Apostolado do Mar, e finalizará coa bendición do mar e a oración polos falecidos nel, así como os membros e familias de quen ten na mar a súa profesión, a súa afección e as súas esperanzas.

Anuncios