Anuncios
Ticker de novas

Parada quenta motores para o “Camiño do Terror” cunha “Noite Meiga”

FOTO: CENTRO CULTURAL PARADA DO MIÑOR

O Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor e a Comisión de Festas de Santiago e Santa Ana, coa colaboración do Concello de Nigrán, organizan este sábado día 1 de xullo a súa primeira “Noite Meiga”, unha actividade que quenta motores para o popular “Camiño do Terror” que se celebra en agosto.

Nesta ocasión trátase dunha cea no local da comisión de festas a base de entrantes, churrasco, bebida, sobremesa e café por 20 euros por persoa para, posteriormente, desde as 00:30 horas, realizar unha pequena andaina do terror en grupos dunha ducia de persoas.

Os asistentes á cea terán a andaina de balde, e os que só asistan á ruta terán que pagar 3 euros. As reservas para a cea deben realizarse no teléfono 670 50 46 06, os que só estean interesados no roteiro deben inscribirse no 628 98 65 97.

Anuncios