Baredo celebra as festas patronais da Virxe da Cela

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A parroquia baionesa de Baredo celebra este fin de semana as súas festas patronais na honra da Virxe da Cela.

O sábado 1 de xullo, as agrupacións encargadas de amenizar a gran verbena serán a orquestra Xacobeo e o grupo Samba.

O domingo 2 ás 9:00 da mañá haberá unha Misa Rezada e ás 12:00 do mediodía, a Banda de Música de Baiona ofrecerá un pasarrúas. Ás 13:00 horas comezará a Misa Solemne cantada pola Coral de Baredo, con posterior procesión acompañada pola mesma Banda de Música. A continuación, gran tirada de lumes. Ás 18:00 horas terá lugar o gran partido de fútbol entre solteiros/as e casados/as, e pola noite, as orquestras Pontevedra e Caramelo amenizarán a verbena.

O luns 3 ás 10:00 da mañá, pasarrúas a cargo da agrupación Airiños Novos de Pinzás. Ás 12:00 horas celebrarase unha Misa Solemne cantada pola Coral de Baredo, seguida de procesión acompañada polo mesmo grupo. A continuación, gran tirada de lumes e ás 17:30 horas, as tradicionais cucañas. Pola noite, a orquestra Panorama e o grupo La Oca amenizarán a verbena fin de festa.