Anuncios
Ticker de novas

PP de Nigrán: “O goberno socialista é incapaz de executar máis de 2,5 millóns do orzamento”

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O Grupo Municipal Popular de Nigrán quere de novo informar e denunciar a Incompetencia e nefasta xestión económica do actual Goberno do PSOE en Nigrán.

No Orzamento do ano 2016 figuraban unha serie de partidas de gasto, en investimentos públicos e contratacións, de importante transcendencia para a vida dos veciños de Nigrán, “que a xestión incompetente do goberno actual ha deixado non só de executar, senón que non foi tan sequera de comprometer o gasto”.

As máis relevantes e rechamantes son:

• RETIRADA, TRANSPORTE E XESTIÓN DE RESIDUOS PARCELA EN POLÍGONO 57 DE NIGRÁN: 54.450 EUROS SEN COMPROMETER NIN EXECUTAR GASTO (lembrar aquí a denuncia ambiental da Xunta e Seprona).
• AUDITORÍA DE CONTROL DE CALIDADE DOS SERVIZOS DE SANEAMENTO E ABASTECEMENTO DE AUGA: 22.000 EUROS SEN EXECUTAR NIN COMPROMETER.
• AUDITORÍA DE CONTROL DE CALIDADE DO SERVIZO DE LIMPEZA E MANTEMENTO DE ZONAS VERDES: 4.000 EUROS SEN COMPROMETER NIN EXECUTAR.
• AUDITORÍA DE CONTROL DE CALIDADE DA AXUDA A DOMICILIO: 4.000 EUROS SEN COMPROMETER NIN EXECUTAR.
• PORTAL DE ACCESO Á INFORMACION PÚBLICA E BO GOBERNO (LEI DE TRANSPARENCIA): 20.000 EUROS SEN COMPROMETER NIN EXECUTAR.
• AUDITORÍA DE CONTROL DO SERVIZO DE LIMPEZA DE EDIFICIOS MUNICIPAIS: 4.000 EUROS SEN COMPROMETER NIN EXECUTAR.
• OBRA DE ACONDICIONAMENTO DE ESPAZO E PARQUE PÚBLICO EN RÚA ANA ISABEL COSTAS: 141.704 EUROS SEN COMPROMETER NIN EXECUTAR.
• OBRAS DE SANEAMENTO PARA MELLORA AMBIENTAL DO PARQUE EMPRESARIAL PORTO DO MOLLE: 202.653 EUROS SEN COMPROMETER NIN EXECUTAR.
• OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DE ESPAZO PÚBLICO NA CONTORNA DE ESCOLAS BALINFRA-CAMOS: 37.235 EUROS SEN COMPROMETER NIN EXECUTAR.
• SENDA PEONIL DO RÍO MUIÑOS E MELLORA DAS ZONAS VERDES MUNICIPAIS ADXACENTES: 750.942 EUROS SEN COMPROMETER NIN EXECUTAR.
• OBRA DE ACONDICIONAMENTO ESPAZO PÚBLICO E PARQUE INFANTIL CONTORNA PRAZA MAESTRE VÁZQUEZ GRELA: 106.277 EUROS SEN COMPROMETER NIN EXECUTAR.
• OBRA DE ACONDICIONAMENTO DE ACCESO A PUNTO LIMPO: 55.932 EUROS SEN COMPROMETER NIN EXECUTAR.
• OBRA DE HUMANIZACIÓN CONTORNA TORREIRO DE PARADA: 94.365 EUROS SEN COMPROMETER NIN EXECUTAR.
• OBRA DE CANALIZACIÓN TENDIDO ELÉCTRICO RÚA SAN ROQUE: 185.112 EUROS SEN COMPROMETER NIN EXECUTAR.
• OBRA DE REORDENACIÓN DA CIRCULACIÓN EN RÚA CARANGUEXO: 38.380 EUROS SEN COMPROMETER NIN EXECUTAR.
• OBRA DE REPARACIÓN E MANTEMENTO RÚA MARIÑEIRO/PANXÓN: 282.352 EUROS SEN COMPROMETER NIN EXECUTAR.
•OBRAS DE PAVIMENTACIÓN DIVERSAS VÍAS PÚBLICAS MUNICIPAIS: 79.794 EUROS SEN COMPROMETER NIN EXECUTAR.
• OBRAS DE SEGURIDADE E ASFALTADO EN DIVERSOS VIARIOS: 80.000 EUROS SEN COMPROMETER NIN EXECUTAR.
• ADQUISICIÓN DE PARCELA PARA A CONSTRUCIÓN DUN ALMACÉN MUNICIPAL: 344.679 EUROS SEN COMPROMETER NIN EXECUTAR.
• OBRA DE INSTALACIÓN DE ILUMINACIÓN PÚBLICA EN O CASTRO E PRACÍNS (CHANDEBRITO): 53.574 EUROS SEN COMPROMETER NIN EXECUTAR.
• PROXECTO BIBLIOTECA MUNICIPAL: 12.000 EUROS SEN COMPROMETER NIN EXECUTAR.
• INVENTARIO MUNICIPAL: 20.000 EUROS SEN COMPROMETER NIN EXECUTAR.

“En resumo, máis de 2,5 millóns de euros que quedaron sen executar do orzamento 2016, o que demostra a errática xestión do goberno actual e que é exemplo da propagandística política dos socialistas que venden o que non son capaces de executar”, sinala o portavoz popular.

Pero ademais do anterior, referido a contratación de Obras e Servizos, se cabe é moito máis grave a xestión do gasto en Servizos Sociais e Emprego, que non lle vai á zaga en canto a falta de dilixencia, o que demostra a demagoxia dun goberno que di preocuparse polos máis desfavorecidos e polo emprego e que con todo non fai nada na práctica nesta liña deixando sen investir nin utilizar partidas destinadas a servizos sociais e a emprego. Cos seguintes exemplos demóstrase que este é o menos social de todos os gobernos que pasaron polo goberno municipal e que o que venderon hai un ano de que se incrementaba o gasto social e en emprego demóstrase nos seguintes datos que non é certo:

• Achegas Libros escolares: 22 % execución partida dispoñible (31.12.2016).
• Atención asistencial a persoas dependentes: 0% de execución partida dispoñible.
• Bolsas Fomento de Emprego: 32% execución partida dispoñible.
• Bolsas FEUGA: 0% execución partida dispoñible.
• Gastos diversos Fomento de Emprego: 7,28 % de execución da partida dispoñible.
• Gastos diversos de promoción e reinserción social: 0% da partida dispoñible.
• Gastos diversos Servizos Sociais: 29.55 % da partida dispoñible.

Anuncios