Anuncios
Ticker de novas

O PP de Baiona rexeita unha moción de EU sobre a contratación de persoal a través do Plan Concellos

No pleno municipal de Baiona celebrado este xoves, EU-SON presentou unha moción relativa ao método de selección e aos salarios dos empregos que vanse realizar polo “Plan Concellos 2017” da Deputación.

Nesta moción se instaba ao Goberno Municipal ao seguinte:

• Que ás retribucións do persoal que se contrate a través das subvencións procedentes do Plan Concellos se lle aplique o salario correspondente á súa categoría profesional, ben se existe a categoría no Concello ou ben no Convenio Colectivo sectorial pertinente, no caso de que este sexa superior ao SMI, e non o Salario Mínimo Interprofesional.

• Que se fagan públicos os postos de traballo que se van a cubrir coas subvencións provenientes do Plan Concellos, con indicación dos códigos das ocupacións en canto se inicie o expediente de solicitude das subvencións, ou inmediatamente se este proceso xa se iniciou, así como todos os trámites posteriores do proceso de selección.

• Que, tal como establece o procedemento, presente a correspondente oferta na oficina pública de emprego e solicite todas as persoas demandantes do Concello de Baiona para cada categoría posto de traballo.

“Pois ben, a moción que foi presentada na comisión informativa do xoves pasado co fin de que fora incluída na orde do día do pleno, non acadou a consideración do Sr. Alcalde, facéndonos presentala no mesmo día como “urxente”, co único fin de rexeitar a urxencia e así non ter que debatela”, sinala Silvano Montes, Voceiro do Grupo Municipal EU-SON de Baiona.

“Desde este Grupo Municipal seguimos apostando pola total transparencia nos procesos de selección e contratación de persoal para o Concello, con igualdade de oportunidades, e para iso é preciso ter un compromiso coa transparencia da que o Goberno Municipal fai gala a miúdo na prensa pero que desaparece á hora de exercela”, engade Montes.

“Tamén entendemos que igual traballo debe ter igual salario, e polo tanto as persoas que acaden estes postos deberán cobrar o mesmo que os traballadores do Concello que realizan as mesmas tarefas, e non utilizar o argumento, como xa se deu nalgún outro Concello, de que así se contrata máis persoal. Argumento que non se aplican eles cando establecen os seus salarios”.

“Por outra banda, non é a primeira vez que non se nos inclúe a moción na orde do día, e a nosa impresión é que isto sucede cando, ou ben non teñen argumentos para rexeitar as nosas propostas ou ben son temas que lle son “incómodos” como foi a moción de apoio ao colectivo LGBTI, a cal non se dignaron nin a escoitala”.

O Grupo Municipal de EU-SON lamenta esta falta de “talante” por parte do Goberno Municipal do PP, “e aínda que sabemos que nove son máis que oito, pensamos que non se debería furtar á veciñanza o debate dos temas que lles incumben”, conclúe o Voceiro.

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.