Sin categoría

Xornada de xogos tradicionais en Chandebrito

O domingo 29 de xaneiro a partires das 10:30 da mañá, desenvolverase no Torreiro vello do «Sobreiro» en Chandebrito (a carón da igrexa parroquial), unha xornada de xogos ou brinquedos tradicionais, organizado polo Concello de Nigrán e a Asociación «Chandebrito 1807».

Esta Asociación Veciñal e Cultural, ao igual que a Concellería de Cultura, teñen como un dos obxectivos principais a conservación e posta en valor do patrimonio cultural, tanto material como inmaterial, ademais de fomentar as relacións e a convivencia entre a veciñanza e demais poboación, de aí que programen iniciativas coma esta.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.