Volve a Liga de Inverno Clase J80 á baía de Baiona

A liga de Inverno Clase J80 do Monte Real Club de Yates volve este sábado á auga cunha nova xornada de probas a partir das tres da tarde na baía de Baiona.

Con ventos do sur suroeste dunha media de dez nós, os veleiros participantes disputaranse un máximo de tres probas barlovento sotavento nun campo de regatas que o comité deseñará en base ás condicións meteorolóxicas que se rexistren.

Na liña de saída, dez monotipos que navegarán en frota e competirán en tempo real por escalar posicións na clasificación provisional, que lidera o Okofen de Javier de la Gándara tras asinar un pleno de vitorias na primeira xornada.

A seis puntos do líder, en segunda posición, sitúase o Virazón de Miguel Lago; e o Ferralemes de Enrique Porto vai terceiro, a tres puntos do segundo e nove do primeiro. Completan a clasificación o Cansino de Fernándo Yáñez, o Miudo by Storax de Tiago Roquete, o Namasté de Luís de Mira, o Pazo de Cea de María Campos, o Mondo de Bernardo Macedo, o Luna Nueva de Juan Luís Tuero, e o Alumisel de Willy Caamaño.

O público que desexe gozar da competición, que dará comezo ás tres da tarde, poderá ver as probas desde as murallas do Parador Nacional de Baiona, Monteferro, Monte Lourido ou praia América.

Be the first to comment

Leave a Reply

Tu dirección de correo no será publicada.




Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.