Anuncios
Ticker de novas

Tres patinadores do CPA Gondomar participan no Campionato de España

FOTO: CPA GONDOMAR // Os representantes do club no Campionato Galego.

Sete patinadoras e cinco patinadores galegos participan desde este venres 19 de outubro en Santander na 68ª edición do Campionato de España de Patinaxe Artística na modalidade libre para as categorías Alevín e Infantil, que se disputará durante dúas xornadas no pavillón municipal Ruth Beitia da localidade cántabra, aínda que os deportistas xa tiveron o seu primeiro contacto coa pista na xornada do xoves.

Tras a apertura da competición o venres ás 10:10 horas, deuse paso ao programa curto de ambas as dúas categorías, tanto as masculinas como as femininas. No primeiro caso, todos os patinadores accederán ao programa longo do sábado mentres no das patinadoras serán as vinte e dúas mellores as que compitan ao día seguinte polas medallas.

No que respecta á presenza galega, en Alevín están Xiana Royo Castrelo e Martina Fernández Otero do CP Oleiros, Lola Álvarez Romero e Joel Ribeiro Díaz do CPA Gondomar xunto a Unay Cereijo García (CPA Maxia) e Adrián Blanco Domínguez (CP Ribeira). Na Infantil participan María Grela Amor e Soraya Santos Gil do CPA Maxia, Sofía Costas Ibarra (CPA Gondomar), Paula Rey Pérez (CP Oleiros), Diego Íñiguez Lodeiro (Axel Arteixo) e Jorge Noya Ageitos (CP Ribeira).

Anuncios