Sin categoría

Hablamos Español denuncia que un colexio de Nigrán “resístese a cumprir a Lei de Bandeiras”

A Asociación Hablamos Español presentou unha queixa ante a Xefatura de Inspección Educativa pola colocación das bandeiras que ondean na fachada do CEIP Humberto Juanes de Nigrán. Segundo aseguran nun comunicado, a directora do centro foi advertida o 10 de xuño que as bandeiras incumpren a Lei 39/1981, do 28 de outubro, pola que se regula o uso da bandeira e o doutras bandeiras e insignias. “Con desculpas peregrinas para non poñer a bandeira de España onde lle corresponde, a situación foise prolongando ata o día de hoxe cando, finalmente, a Asociación Hablamos Español decidiuse a actuar”.

“Como asociación que loita contra o adoctrinamento nacionalista e o nacionalismo lingüístico no ensino, entre outros, contra a prohibición de usar o español na visibilidade dos centros de ensino e contra a enxeñería social que se leva a cabo contra o español, consideramos que a relegación do noso máis importante símbolo nacional nun centro de ensino, axuda a crear o relato negativo contra o noso idioma como elemento de unión e como lingua tan galega como a lingua rexional. O español é tan galego, como o é a bandeira de España”, conclúen.