Sin categoría

Pase especial de “Soños” en Nigrán dentro da campaña #StopOdio

“Soños” chega ao Auditorio Municipal de Nigrán no marco da campaña #StopOdio, que desenvolven a ONG Igaxes e o Concello de Nigrán, co apoio de Brais Méndez, para combater o odio na sociedade e promover valores de respecto e igualdade. A función será ás 20:30 horas con entrada gratuíta.

A obra lévanos ata o día a día dunha vivenda tutelada, co propósito de rematar co estigma que cargan os e as mozas que viven nela. Durante todo o proceso creativo a comunicación entre educadoras, rapazada e equipo artístico foi fluída e constante.

“Soños”, escrita por Fernando Epelde e dirixida por Tamara Canosa, pretende ser unha ficción moi real coa que entender o que supón para estes mozos e mozas cargar coas falsas percepcións coas que aínda cargan parte da sociedade á que pertencen. Os seus protagonistas son Victoria Pérez, no papel da educadora, e Anxo Outumuro e Sara Ferro como os mozos da vivenda tutelada.