Sin categoría

Gondomar apraza o desfile de comparsas

Con motivo das previsións meteorolóxicas adversas para os próximos días, o Concello de Gondomar vénse na obriga de modificar a programación de Entroido prevista. Os obradoiros infantís do sábado 10 que estaban previstos na Praza Rosalía de Castro finalmente terán lugar no Auditorio Municipal Lois Tobío, manténdose a hora de inicio para as 16:30 horas. O Desfile Infantil programado para o martes 13 inicialmente mantense na Praza Rosalía de Castro pero no caso de choiva trasladarase igualmente ao Auditorio Lois Tobío. A decisión tomarase o luns en función da evolución da climatoloxía. Tanto o Pregón como o Desfile de Comparsas previsto para este domingo, celebrarase o sábado 24 de febreiro a partir das 21:00 horas. A nova data do desfile de comparsas foi consensuada coas 17 comparsas participantes e que xa confirmaron a súa asistencia nesta nova data.