Anuncios
Ticker de novas

Curso de teatro no Centro Cultural de Chaín

FOTO: CENTRO CULTURAL "A MERCED" DE CHAÍN

O Centro Cultural “A Merced” de Chaín organiza un curso de teatro a través do programa “Conectadas 2018” da Deputación de Pontevedra. Os obxectivos son adquirir confianza, dotes de improvisación, versatilidade á hora de realizar personaxes e traballar a sensibilidade e a comunicación. Ademais sensibilizarase acerca da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Os interesados poden anotarse na cantina do Centro Cultural ou no teléfono 686 716 445.

O programa “Conectadas 2018” ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a fenda dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías.

Anuncios