Sin categoría

O CPI Arquitecto Palacios de Panxón reúne 142 quilos de alimentos

Ao igual que en cursos anteriores, ao chegar as datas do Nadal, o CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios de Panxón realizou no centro a campaña de recollida de alimentos que entregaron ao Banco de Alimentos Municipal: Operación Quilo Nº XII. Con esta campaña tratan de fomentar nos seus cativos e cativas o valor da cooperación, a solidariedade e a axuda aos demais, entre outros. Dende a escola foron capaces de reunir un total de 142 kg. Así mesmo, fixeron entrega dos vales que trocaron co diñeiro conseguido na última carreira solidaria na que participaron tamén os centros da contorna, EEI As Dunas, CEE de Panxón, CEIP Camos e CEE Juan María.