O vindeiro xoves, 23 de novembro, Modepen Miñor organiza unha palestra no Auditorio de Nigrán ás 20:00 horas na que Gonzalo Balo (presidente de Modepen) falará do desenvolvemento do movemento pensionista e o seu futuro, así como das reivindicacións máis urxentes. Tamén informará en detalle da posibilidade que teñen as persoas que cotizaron durante a súa vida laboral a Mutuas de Accidentes, de reclamar a Facenda a devolución das cantidades que cotizaron indebidamente no IRPF.
Palestra sobre as pensións e o movemento pensionista en Nigrán

