Sin categoría

Baiona organiza unha viaxe ao pobo irmán de Rafael Freyre en Cuba

A Vila de Baiona está irmandada coa de Rafael Freyre, en Holguín (Cuba) por ser o lugar onde pisou Colón terra americana por primeira vez. Un colectivo de solidariedade con Cuba está a organizar co apoio do Concello de Baiona unha viaxe para afondar neste irmandamento e coñecer os atractivos turísticos e a realidade cubana da zona oriental de Cuba.

Os participantes coñecerán as súas preciosas praias, serán recibidos polas autoridades locais, farán entrega dunha doazón solidaria de produtos sanitarios e tamén visitarán centros educativos e sanitarios, así como a súa Casa de Cultura. Na sala de exposicións “Baiona” desta vila presentarán unha mostra artística do Val Miñor.

A viaxe xa conta con orzamento e está a ser programada para o próximo Nadal. Os interesados en participar poden facer a súa pre-inscrición no correo electrónico viaxecubarafaelfreyre@gmail.com.