Sin categoría

O baionés Antón Iglesias “Kopa” convocado coa Selección Galega para preparar a fase nacional

Volve a campioa de Europa. A Selección Galega que o pasado mes de xuño proclamouse campioa da Copa das Rexións UEFA volverá vestirse de curto a próxima semana para comezar a preparación do novo ciclo. O combinado que dirixe Iván Cancela, no que está o baionés Antón Iglesias “Kopa”, realizará a primeira sesión de adestramento coa vista posta na disputa, esta tempada, da fase nacional, un torneo que buscará ao representante español na próxima edición da UEFA Regions Cup.

Unha nova etapa en busca do trono nacional

A Selección Galega foi a representante nacional na última edición da Copa das Rexións UEFA tras proclamarse campioa de España no ano 2020, o ano da pandemia, tras derrotar na gran final a Andalucía en Las Rozas. Esta tempada empeza un novo ciclo, centrado en definir que selección autonómica será a representante española na próxima edición do torneo continental. Para iso, todas as seleccións territoriais terán que disputar tres fases: unha primeira fase que terá lugar o próximo mes de decembro, outra fase intermedia e a fase final que proclamará ao campión de España. Galicia defenderá o título.

Primeira toma de contacto

A Selección Galega volverá ao rodo o vindeiro martes 26 de setembro. Un novo reto e un novo desafío coa presión de ser a vixente campioa de Europa. O combinado que dirixe Iván Cancela realizará a primeira sesión de adestramento do curso o vindeiro martes no campo da Braña, en Rois. Para a mesma, o seleccionador galego citou a un total de 23 futbolistas, que son os seguintes: