
Unha das fins de semana máis igualadas do ano esperaba a Alberto Meira a pasada fin de semana no Rallye Ribeira Sacra, con rivais de nivel que poderían complicar a que sería a súa segunda vitoria do ano.
Pero nada máis lonxe da realidade, Meira, xunto a Avelino Martínez e o afinado Fabia R5 non deron opción, mandando desde os primeiros compases e acertando coa equitación de pneumáticos nunha matinal moi difícil, con condicións cambiantes e tramos delicados, tras os cales ostentaban unha renda de case medio minuto sobre o máis próximo perseguidor.
A tarde foi máis pracenteira, cos tramos secos, e só un pequeno chuvasco na penúltima cronometrada puxo algo de pementa á situación, ben manexada polo piloto de Vincios, para anotarse o triunfo por 35 segundos e manter vivas as opcións no campionato galego.
O gondomarense resumía así a súa actuación á súa chegada ao parque pechado: “Foi un rallye moi bonito, con certo nerviosismo polas cambiantes condicións dos tramos, tanto pola mañá como no último bucle. Pero non tomamos riscos e realizamos o traballo correctamente, igual que Avelino e todo o equipo AMF Motorsport, aos que quero felicitar”.
A próxima cita para o equipo será a mediados de outubro co mítico Rallye San Froilán, penúltima proba da tempada no certame rexional.