Finaliza o Campus de Rugby de Baiona

A Concelleira de Deportes de Baiona, Ana María Iglesias Rodríguez, realizou esta mañá unha visita ao Campus de Rugby que vénse celebrando durante esta semana nas instalacións do campo de fútbol do Aral, en horario de 10:00 a 14:00 horas, coa opción de poder deixar ás persoas participantes ás 9:00 horas por motivos de conciliación familiar. Marcos Muñiz Meijide do FCB Rugby foi o deportista convidado a este campus cuxo corpo técnico son adestradores de Rugby nivel 1 e 2, Licenciados en Actividade Física e Deporte. Como actividades complementarias realizáronse adestramentos por grupos de nivel de idade e actividades na praia ou o monte.