O Centro Cultural “A Merced” de Chaín organiza este domingo 11 de xuño, en coordinación co Movemento Veciñal a Nosa Escola de San Cibrán, unha andaina saudable desde o Xogo dos Bolos ata o curro de San Cibrán, e no regreso, os participantes pararán nas instalacións da Nosa Escola onde o Grupo de Teatro “A Moura” representará a obra “O vestido de noiva”. Non é necesario inscribirse previamente, o punto de quedada será no Xogo dos Bolos para comezar a andar ás 17:00 horas.
Andaina saudable con teatro en Chaín

