Baiona celebra o Día das Letras Galegas con Xisco Feijoó e a orquestra Capitol

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, organiza varias actuacións para celebrar o Día das Letras Galegas, que se celebra o martes 17 de maio, cando a Praza do Concello acollerá ás 20:00 horas a actuación de Xisco Feijoó. Na noite previa á celebración, o día 16 de maio, programouse a actuación da orquestra Capitol no Parque da Palma a partir das 22:30 horas.

Festival “Baidemuiñeiras”

Coincidindo coa semana na que se celebra o Día das Letras Galegas, o sábado 20 de maio, a Praza do Concello de Baiona acollerá ás 18:00 horas o festival “Baidemuiñeiras”, tras unha ruada que comezará ás 17:30 horas. A Asociación Folclórica Vila de Baiona organiza o evento en colaboración coa Concellería de Cultura. Está décima edición contará coa actuación do Grupo Folclórico “O Mosteiro”, “As Falcatrueiras”, la Asociación Cultural A Seneira e As Pandereteiras de Monteboi de Baiona e a propia Asociación Folclórica Vila de Baiona.