Sin categoría

Alumnado do IES Primeiro de Marzo visita a mostra “Da terra ao tear” de Anxo Rodríguez Lemos

O historiador local Anxo Rodríguez Lemos recibiu o alumnado do IES Primeiro de Marzo de Baiona no hall do Concello nunha visita guiada pola mostra etnográfica que percorre o proceso do liño en Galicia. O estudantado estivo acompañado polo profesorado do departamento de Ciencias Sociais e outros visitantes que se incorporaron á explicación.

A exposición guiada poderá ser visitada con previa cita contactando co Departamento de Cultura do Concello de Baiona por todos aqueles colectivos sociais e escolares interesados ata despois de Semana Santa. A mostra etnográfica “Da terra ao tear” o traballo do liño en Galicia, colección de Anxo Rodríguez Lemos, formou parte da programación da Festa da Arribada 2023 e tivo unha gran acollida entre o público.