
O pasado venres 17 de marzo reuniuse o xurado dos premios da V Gala do Deporte de Gondomar para elixir aos nomeados. Esta gala que chega á súa quinta edición, e que se retoma tras o parón pola pandemia, terá lugar o próximo 1 de abril ás 20:00 horas no Pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda con entrada libre. O xurado presidido por Nuria Lameiro, concelleira de Deportes, estivo formado ademais por Noelia Piñeiro Pérez, Anxo Iglesias Mariño, Bernabé Costas de Miranda, Jose Luis Ferreira Durán e Ramón Magariño Duro.
A madriña desta edición será a atleta Vanessa Veiga Comesaña e haberá sete mencións especiais, que nesta ocasión recaeron en Manuel Martínez Ageitos, Desirée Vila, Carlos Dominguez “Pity”, o grupo show “Last Kaneri” do CPA Gondomar, o equipo de fútbol sala adaptado do Centro Juan María, a Garda Civil de Tráfico-Destacamento de Porriño e a título póstumo Javier Martínez Giráldez, recentemente falecido. No apartado de mellor evento deportivo os nomeados son: a 55 edición do Rally Rías Baixas, a Copa de España de Ciclismo e o Campionato Galego de Enduro Serra do Galiñeiro. No caso do galardón a mellor club ou entidade deportiva optan ao premio o Club Acro Gondomar, o Lóstrego CF e a Sociedade Atlética Val Miñor.
Os premios do deporte de Gondomar tamén teñen un galardón reservado a empresas cunha traxectoria de apoio ao deporte e nesta ocasión as nomeadas neste apartado son Serviancar, Herboristería Bambú e Autoescola San Benito. Outro dos premios que se entregarán esa noite será o que valora toda unha traxectoria deportiva, e este ano os nomeados son Estela Rodríguez García (Atletismo e Rugby) Rubén Pereira Cardalda (Atletismo) e Jose Luis Casellas (Automobilismo). Pola súa banda as nomeadas ao premio de deportista revelación son as seguintes: en categoría feminina Antonella Larras (Fútbol Gaélico), Noa Álvarez Romero (Patinaxe Artística) e Naiara Araújo (Ximnasia Acrobática). Na categoría masculina os nomeados son Danny Jan Buba Sopko (Ciclismo), Anxo Xoaquín Lomba Luis (Loita Libre) e Joel Ribeiro Días (Patinaxe Artística).
O premio absoluto á mellor deportista feminina decidirase entre as tres seguintes candidatas: Silvia Rita Álvarez (Fútbol Gaélico), Ainhoa Repáraz Sánchez (Atletismo) e Lía Hermida Rial (Ximnasia Acrobática). No caso do deportista masculino máis destacado os candidatos son Ricardo Buba Sopko (Ciclismo), Miguel Román González (Fútbol) e Julio Vilas Fernández (Baloncesto). Tamén se entregarán premios en cada unha das seguintes disciplinas:
BILLAR
- Alejandro Doval Fernández
PETANCA
- Alejandro Alonso Lorenzo
- Carlos Fernández Alonso
CHAVE
- Carlos Fernández Comsesaña
- Jose Da Silva Rodríguez
BOLOS
- David Pintos Fontán
- Diego Camesella Rodríguez
- Ismael Fernández
- Ismael Torres
- Iván Otero
HALTEROFILIA
- Pablo Vázquez Francisco
TIRO CON ARCO
- Rubén Rodríguez Alleres
HÍPICA
- Candela Martínez Valverde
- Claudia López Comesaña
ATLETISMO
- Adrián Bernárdez Domínguez
- Ricardo Cortizo Souto
- Grabriela Bouzada Senra
- Uxía Vidal Márquez
TRAIL – CARREIRA DE MONTAÑA
- Diana Domínguez Pereira
BALONCESTO
- Marcos Losada Rocholl
- Iago Costas Souto
- Aldara Molares Fragueiro
XIMNASIA ACROBÁTICA
- Claudia Comesaña Estevez
- Sira Cerdeira García
FÚTBOL
- Noel Hermida Couto
- Alejandro Gómez Otero
- Tamara Fernández Rodríguez
- Irene Rial González
- André Lores Varela
- Jose Manuel Comesaña Lago
AUTOMOBILISMO
- Unai Conde García
- Ezequiel Salgueiro Simoes
DEPORTE DE INERCIA
- Jose Antonio Gonzélez del Río
- Hugo González Lameiro
TENIS
- Leslie Correa
- Juan Martínez
- Juan Freitas
TENIS DE MESA
- Martin Pintos Barreiro
DANZA
- Grupo Huérfanos – Ldanzia
- Lorena Benítez Pereira