
O chef do restaurante Faro (Talaso Atlántico), Javier Fins, estréase en compartir fogóns e elaborar un menú a catro mans e faio co Estrella Michelín, Pepe Solla. Para o fundador do Grupo Nove esta non é a primeira vez que sae da súa cociña para compartir un menú con outro chef. Fins, que este ano é o embaixador das cociñas desta zona, dentro da campaña do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, deseñou con Solla un menú composto por oito pratos onde son evidentes as referencias a produtos de proximidade da comarca.
Os menús de alta cociña a catro mans son unha tendencia gastronómica á alza que consiste en que un cociñeiro residente convida os seus fogóns a outro colega para fusionar talento. Para Fins, “non pode haber mellor comezo que este, con Pepe. É o primeiro catro mans que celebro na miña cociña e serán máis os que haxa a partir de agora pero contar con el como primeiro invitado é emocionante. Pepe é un cociñeiro extraordinario, ademais dunha persoa moi xenerosa”.
Javier Fins é o máximo responsable dos fogóns do restaurante Faro (Oia) desde fai máis dunha década. Desde entón, creou un estilo propio de cociña onde o Atlántico é o principal protagonista pero con incursións tamén cara ás cociñas do mundo situando a cociña do Baixo Miño á vangarda. Fins forma parte da xeración de cociñeiros galegos que apostaron por innovar cada día na cociña da súa terra, respectando por encima de todo o produto local e de tempada. Estradense de nacemento, unha das características da cociña de Javier Fins é o uso da auga de mar en moitas das súas elaboracións e a presenza de algas nalgúns dos seus pratos. De feito, Talaso Atlántico cultiva un tipo de microalga que o chef utiliza na súa cociña.
Pepe Solla está considerado como un dos mellores cociñeiros de España. Conta cunha Estrella Michelín e tres Soles Repsol que logrou para o seu restaurante, Casa Solla. Ademais, é o membro fundador do Grupo Nove, organización que reúne se cadra da cociña de vangarda galega. Innovador, Solla creceu entre fogóns xa que era o seu pai quen fundou Casa Solla, en 1961, situada en San Salvador de Poio (Pontevedra). En 1980 logrou a primeira Estrella Michelín para un restaurante en Galicia.