Festas de San Sebastián do Portelo en Mañufe

O barrio do Portelo, na parroquia gondomareña de Mañufe, celebra a próxima fin de semana as festas na honra de San Sebastián. O venres 20 de xaneiro ás 18:00 horas terá lugar a Misa Solemne con procesión acompañada polo grupo musical Os Romanteleiros de Mañufe, e ás 21:00 horas comezará a verbena amenizada polos tríos Armonía e Tic Tac. O sábado día 21 ás 17:00 horas celebraranse as poxas na honra de San Sebastián do Portelo, e a partir das 21:00 horas, os tríos La Conexión e Mar de Arousa amenizarán a verbena fin de festa, con chocolatada para todos os asistentes. O recinto estará cuberto cunha gran carpa.