Xa en funcionamento a gasolineira do hipermercado Eroski Nigrán

Desde onte xa se atopa en funcionamento a gasolineira do Hipermercado Eroski Nigrán, pertencente á compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski. Situada nas inmediacións do centro comercial Nasas Nigrán, a gasolineira permanecerá aberta ao público no mesmo horario do hipermercado (de luns a sábado, de 9:00 a 22:00 horas ininterrompidamente) e dispón de catro chafarices con tres tipos de reposición: gasolina sen chumbo 95, gasóleo e gasóleo plus; cun tanque con capacidade de almacenamento de 80.000 litros.

O modelo comercial “Contigo”

Ademais de ofrecer os mellores prezos, os clientes que acudan a este punto de reposición Eroski contarán con múltiples vantaxes de aforro e pago. O modelo comercial Contigo da compañía permite xerar aos seus clientes aforro a través da tarxeta Eroski Club (normal e ouro co seu 4%) que tamén pode ser utilizada na súa rede de gasolineiras para obter novos puntos Travel Club.

Esta gasolineira enmárcase así dentro do novo hipermercado Eroski Nigrán, que abriu as súas portas ao público no mes de decembro e caracterízase por ofrecer unha gama especialista en alimentos frescos, a súa aposta polos produtos locais, a atención personalizada e o aforro na cesta da compra diaria. No que se refire á súa oferta de non alimentación, dispón de sección de droguería e perfumería, bazar, librería, electrónica, auto, fogar, así como cunha sección diferenciada destinada a téxtil.

Ademais de contar con seccións de frescos con venda asistida, este hipermercado dispón de servizos de valor como comida de calidade lista para levar, máquina de zume recentemente espremido, cortadora de pan e de bacallau, servizo a domicilio, compra en liña con opción de clic and drive, seis caixas rápidas con sistemas de auto-checkout e un aparcadoiro propio de 163 prazas cubertas dentro da área comercial Nasas Nigrán.