
O club CARPA Viqueira organizou esta fin de semana unha nova edición do Campionato Galego de Patinaxe Artística para as categorías Cadete a Sénior na modalidade libre. A competición disputouse en dúas xornadas, o sábado e o domingo, no Pavillón de Candeán en Vigo, sendo necesario dividir o programa desta maneira debido á implantación do novo sistema de puntuación Rollart e que se realizaba por primeira vez, o que alongou a duración da competición.
A representante do Club de Patinaxe Artística de Gondomar, Andrea López Rodríguez, proclamouse campioa galega na categoría sénior, puntuada por primeira vez co sistema Rollart, onde a parte artística cobra maior valor, mostrando a gondomareña a súa supremacía. O novo sistema de puntuación beneficiou á patinadora, destacando a parte artística da patinaxe sobre rodas, e logrando que este deporte sexa aínda máis atractivo como xusto.
A patinadora atafegou coa súa saída a pista, mostrando a mestura de técnica e espectáculo, todo iso co apoio do seu artífice, o adestrador David Figueroa. En total, houbo 34 inscritos con 16 en Cadete, 9 en Xuvenil, 11 en Júnior e 7 en Sénior.