Nigrán celebra o III Certame de Rondallas do Val Miñor con máis de 300 participantes de 4 formacións

O Concello de Nigrán e o C.C.R. Parada do Miñor ofrecen o domingo 18 de decembro desde as 10:30 horas na Alameda de San Campio de A Ramallosa o III Certame de Rondallas do Val Miñor. Participan todas as formacións da comarca (Santiago de Parada, Centro Cultural A Merced de Chaín, a Asociación de Veciños Galiñeiro Vincios) e asiste como invitada a Rondalla do Centro Cultural e Veciñal de Valladares. En total, máis de 300 rondallistas darán cor á alameda neste multitudinario certame que se recupera tras a crise da Covid-19.

“Desde o Concello de Nigrán e a Rondalla de Parada queremos seguir apostando e promovendo este Certame que representa a vitalidade desta cultura tradicional tan arraigada no Val Miñor. Nesta edición convidamos a Valladades por tratarse dunha agrupación moi próxima e querida na comarca, así que será un evento multitudinario en público e rondallistas”, explica o alcalde de Nigrán, Juan González.