Camiño de Balaídos: a peza que cantos de taberna A de Sabas de Baiona dedica ao Celta polo Centenario

Xa está na rede a canción “Camiño de Balaídos” do autor Ramón Soto Ignacio e interpretada polo grupo de cantos de taberna A de Sabas de Baiona en conmemoración dos 100 anos do club galego Real Club Celta de Vigo. Mantendo as sonoridades máis galegas podemos ver como se mesturan as voces con instrumentos como as gaitas, pandeiretas, acordeón tambor e bombo ademais de instrumentos moi arraigados cos cantos de taberna coma as guitarras.

Cantos de taberna A de Sabas está composto por Abraham Soto (voz), Antonio Pimentel (voz), Begoña del Río (voz), Eduardo Alberto Trapero (voz), Eduardo del Olmo, “Kalo” (voz), Eladio Tizón (voz), Enrique Taboada (voz), Eulogio Cedeira, “Guache” (voz), Fernando Vilariño (tambor), Jacinto Balboa (guitarra e baixo), Jesús Pedrosa (guitarra), Lurdes Comesaña (voz), Maite Vázquez (voz), Manuel González (guitarra), Miguel Ángel Cedeira (guitarra, bandurria e voz), Nuria Fontela (pandeireta e voz), Ramón Pazos (voz), Raquel Castro (pandeireta e voz), Rubén Troitiño (gaitas e acordeón), Santiago Bernárdez (bombo), Silvano Montes (guitarra e voz), Teresa Barreiro (pandeireta e voz) e Víctor Manuel Otero (guitarra).

Letra:

(RETROUSO)
Lorolorolo…
Toto Berizzo, Vlado Gudelj, Karpin, Mostovoi,
Hugo, Pahíño, Ademir e o gran Manolo,
Salgado, López, Baltazar, xenio Mazinho,
pero máis grande é cando mete un gol Iaguiño.

Mil novecentos vinte e tres
ano que se fundou o Celta,
xuntouse o Vigo e o Fortuna,
ca ialma da nosa afouteza.
Celeste e branco, as nosas cores,
as mesmas da nosa bandeira,
orgullo e o que sentimos
se fan soar a Rianxeira (x3)
celeste e branco as nosas cores,
as mesmas da nosa bandeira.

(RETROUSO)
Toto Berizzo, Vlado Gudelj, Karpin, Mostovoi… […]
Lorolorolo… […]

Balaídos noso templo
casa de todo celtista,
onde ris, cantas e choras,
e todo polo Celtiña.
Marcador é o que anima
en Río agora hai festa,
en Gol vas, nunca te mollas;
tribuna é a que protesta (x3)
Marcador é o que anima,
en Río agora hai festa.

(RETROUSO)
Toto Berizzo, Vlado Gudelj, Karpin, Mostovoi… […] (x2)
Lorolorolo… […] (x2)