Nigrán inaugura o parque Feliciano Figueiró en Camos

O Parque Público Feliciano Figueiró de Camos é xa unha realidade. Sobre unha gran pedra de granito e unha lenda que di:

Parque Público “Feliciano Figueiró”
Camos – Nigrán

O concello de Nigrán e a veciñanza de Camos dedican este espazo de lecer a Feliciano Figueiró, maquetista afeccionado veciño de esta parroquia e cuxa traxectoria tamén foi recoñecida cunha “Mención Especial” nos Premios Nigrán 2022.

Igualmente, agradecen aos propietarios a doazón do terreo, feito que deixa constancia da súa xenerosidade, altruísmo e compromiso coa parroquia.

Camos a 10 de decembro de 2022

A súa paixón xurdiu cando apenas contaba con trinta anos, durante a década na que estivo embarcado na mariña inglesa. Alí sobráballe o tempo e decidiu dar renda solta á súa habilidade sen ter ningún coñecemento previo de carpintería ou enxeñería. Cando regresou a terra, Feliciano abandonou unha afección que non volveu reaparecer ata a xubilación dando os seus maiores froitos.

Feliciano coida especialmente cada unha das súas maquetas. Planifica a súa obra con antelación, fai medicións exactas, fotografía e observa minuciosamente cada proxecto. As constrúe coa madeira “que as carpinterías me van dando”, as pinta e lles aporta a aparencia de pedra con area “soprada”. Para que se aprecie a escala de cada un de los edificios, coloca pequenas persoas o seu redor. “Gústame que sexan o máis próximas posible á realidade”, explica.

“Unha auténtica honra para todo Nigrán contar coa sabedoría e a excelencia deste gran artista, a súa obra espallada por toda Galicia e o resultado dunha innata habilidade para facer maquetas pero sobre todo dunha gran capacidade de observación e de análise de aquilo que logo será vivo reflexo da realidade. Este ano 2022 xa o nomeamos Premio Nigrán e agora, con este Parque Público que levará seu nome, quedará para sempre no rueiro e na memoria das xentes de Camos e de Nigrán”, declara Juan González, Alcalde de Nigrán.

O acto, realizado entre o Concello de Nigrán e a Asociación de Veciños A Camoesa, contou coa presenza de numerosos veciños de Camos e de todo Nigrán que desfrutaron coa música do grupo “Os Alegres do Val Miñor” e coa degustación de choripans e roscas.