Último contacontos do “Novembro Lila” no Multiusos Mercado de Sabarís

O Multiusos Mercado de Sabarís acolle este domingo, 26 de novembro, ás 12:00 horas, o contacontos “Travesías. Aventuras de Libros” de Raquel Queizás. Todos aqueles nenos e nenas que se acheguen ata o recinto municipal pasarán unha mañá divertida. A entrada é gratuíta e libre ata completar aforo.

Trátase da última actividade que forma parte da programación “Novembro Lila” organizada pola Concellería de Igualdade, dirixida por Yasmina Moreira Costas, co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que trouxo consigo todo un mes dedicado a actividades para sensibilizar e educar contra a violencia á muller no Concello de Baiona.