Un congro de 20 quilos, no menú dun restaurante de Panxón

O restaurante O Peirao de Panxón incluirá no menú deste fin de semana congro tras adquirir un exemplar de 20 quilos e case dous metros de longo que foi capturado o xoves por un mariñeiro de Canido. O local ofrecerao de tres maneiras distintas: guisado, con fideos ou en empanada. Non é a primeira vez que este establecemento nigranés adquire unha peza de similar tamaño e ofrécea aos seus clientes.

Anuncios