A Garda Civil de Pontevedra incauta 12.237 produtos supostamente falsificados

A Garda Civil incautouse dun total de 12.327 produtos da marca rexistrada “POKEMON”, como peluches, xogos de mesa, álbums, gorros, mochilas, botellas, huchas, cunca, chaveiros e outros artigos, todos eles supostamente falsificados, carentes de etiquetaxe e embalaxe.

A Patrulla Fiscal e Fronteiras da Comandancia de Pontevedra, o pasado día 3, efectuou unha inspección a dous establecementos ao por maior, ambos os dous situados na avenida de Peinador da localidade de Mos (Pontevedra).

A mercadoría toda ela de orixe asiática, carecía da correspondente licenza para a súa venda, da mercantil “NINTENDO CO. LTD”. O valor de mercado da mercadoría podería superar os 150.000 €. Os produtos intervidos puxéronse ao dispor do Xulgado de Instrución número Tres do Porriño.