A elite do show galego deixa a alma na pista e abraza o bronce

O Club Patinaxe Artística Gondomar con tesón “cruza o charco” e tras meses de duro traballo consegue subirse ao podio levándose o bronce, un bronce que sabe a ouro na elite da patinaxe mundial. Onte en Bos Aires (Arxentina) ás 20:15 horas, hoxe ás 00:15 para os españois debido á diferenza horaria, disputouse o Campionato do Mundo de Patinaxe Artística sobre rodas de grupos show pequenos, no que “o Gondomar”, ou as “gondomareñas” como se lles coñece, saíron a pista en cuarto lugar.

A súa saída das máis esperadas da tarde para o público galego. “Last Kaneri” representando a España en “small groups” deixou prendado ao público da WSG Arxentina 2022. Forza, destreza, velocidade, técnica e sincronización, todo iso sumado a unha historia indíxena que che embauca desde o minuto uno e mantenche expectante cos seus elementos de lume.

O pequeno gran club de Gondomar, liderado pola súa alma mater David Figueroa Pérez, artífice deste magnífico show, xunto á preparadora María Nombela, acompañaron a todo o grupo de patinadoras de alto nivel que nesta ocasión foi formado polas integrantes Nadia Iglesias, Denis Alonso, Noa Álvarez, Alba Franco, Xiana Fernández, Iria Groba, Iria Boullosa, Eliana Rodríguez, Nerea Estévez, Andrea López e Javier Martínez, quen deixou a alma na pista arxentina.