Unha unidade móbil de doazón de sangue visitará este mércores Marine Instruments

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará este mércores 3 de xullo a empresa Marine Instruments, situada no parque empresarial de Porto do Molle, en Nigrán. Os empregados que desexen doar sangue poderán facelo de 09:30 a 14:00 horas. Se é a primeira vez que se doa hai que levar consigo o DNI.