Nigrán investirá preto de 700.000 € no asfaltado de 51 rúas das 7 parroquias

O Concello de Nigrán arrancou esta semana un plan de asfaltados histórico que abrangue 51 rúas das 7 parroquias cun investimento de ‪633.127‬,28 € a cargo do Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra. Estes traballos foron adxudicados á empresa Narom S.L e estarán finalizados en menos de 3 meses coa conseguinte mellora da calidade de vida de toda a veciñanza e da seguridade viaria do municipio.

Adicionalmente, continúan as obras en Otero Pedrayo por importe de 1,3 millóns e nas vindeiras semanas arrancarán os traballos para humanizar tamén a rúa Mestra Emérita (Priegue) cun investimento de ‪309.127‬ €. Ademais, o Concello está actualmente a tramitar un segundo plan de asfaltados cun orzamento de ‪592.292‬ € cargo ao Plan Concellos 2023 e que tocará a outras 33 rúas.

“Estamos sen dúbida ante o maior plan de asfaltados da Historia do Concello de Nigrán ao que seguirá outro case igual de ambicioso. Se sumamos Mestra Emérita e Otero Pedrayo falamos dun investimento de 2,2 millóns ao que se sumarán outros ‪592.000‬ no 2023”, explica o alcalde, Juan González, quen engade que “todas estas estradas tiñan en común o mal estado do firme coa conseguinte demanda de renovación por parte da veciñanza”.

Así, segundo recolle o propio proxecto redactado polo enxeñeiro Roberto Aya, todas estas rúas se atopan en moi mal estado de conservación, presentando fochancas, fisuras, degradación da capa de rodadura ou vexetación nos bordes, polo que serán reasfaltadas por completo (algunas son rúas de terra, como Cochos ou Regueiro da Brava, e se verán melloradas con este firme). Ademais, renovarase a sinalización horizonal e se intalarán reductores de velocidade nos tramos máis sensibles.

“En definitiva, supoñerá un cambio radical na mellora da seguridade viaria destas estradas e na propia calidade de vida da súa veciñanza”, resume o rexedor.

Os camiños que comprenden este plan de asfaltados son:

– Priegue: Pedrosas, Comesaña, Cea, PO-235 e Abetos.

– Panxón: Cansadoura, Camiño das Barxas, Filgueira, Cacheiro, Rabadeira, Gorféns, Panasco, Arquitecto Palacios, O Noso Camiño e A Barcalleira.

– Camos: Reboreda, O Regueiro da Brava, Cano, Fontenla, Tarela, Outeiro, Preira, Rial, Igrexa, Sobral, Costas, Fontes.

– Parada: Gándara, Porto do Molle, Casanova.

– San Pedro: Cocho de Cotros, Estrada pola Vía, Estripeiro, Gobernador, Viso, Tobeira, Francisca Lago, Souto, Cabreira, Salgueira, Xunqueira, Pisco, Pousa e Lameira.

– Nigrán: Praia América, Maceiras, Castelao, Ferreiro, Casas.

– Chandebrito: Tomadas.