O incendio dun coche afecta á fachada dun supermercado en Sabarís

Na Avenida de Sabarís, un incendio que se orixinou nun coche tamén afectou á fachada dun supermercado, sen que se rexistrasen danos persoais. Os feitos sucederon ás 5:40 horas da pasada noite. Varias persoas particulares alertaron ao 112 Galicia do incendio e, de xeito inmediato, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso ao GES do Val Miñor, aos Bombeiros do Baixo Miño, á Garda Civil e a Urxencias Sanitarias de Galicia-061.