Gondomar bonificará ás empresas que xeren emprego

O Concello de Gondomar súmase á iniciativa “Concellos Doing Business Galicia”, pola que se establecen incentivos fiscais a cambio dun compromiso de creación de emprego por parte das empresas, que recibirán ata un 95% de bonificación en diferentes taxas e impostos municipais cando o proxecto empresarial implique a creación de máis de 20 postos de traballo; de ata o 75%, cando supoña a contratación de entre 11 y 20 persoas; e como mínimo se beneficiarán dunha rebaixa do 50% en estos impostos se son ata 10 o número de empregos previstos.

O alcalde de Gondomar mantivo un encontro con Jorge Cebreiros, presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, e Enrique Mallón, secretario xeral de ASIME, no que lles detallou estas medidas encaminadas ao fomento do emprendemento e do emprego en Gondomar.

Polígono da Pasaxe

Así mesmo neste encontro, o rexedor local informou aos representantes patronais da situación do expediente de legalización e ampliación da fase 1 do Polígono da Pasaxe, no que o goberno local leva moito tempo traballando e no que a tramitación por parte do Concello de Gondomar está xa moi avanzada.

Os presentes neste encontro coincidiron na importancia deste polígono para a xeración de emprego e para a dinamización económica do sur da provincia de Pontevedra, polo que a súa regularización e ampliación é fundamental para poder atraer a novas empresas e facilitar as mellores condicións ás xa establecidas.

Este pasado xoves 29 de setembro publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra a aprobación inicial do Proxecto de Urbanización do Polígono Industrial da Pasaxe (Fase 1), que permanecerá en exposición pública por un período de un mes para posteriormente tras o pertinente período de alegacións proceder á súa aprobación definitiva.

Isto se suma ao compromiso firme de Zona Franca para o desenvolvemento da fase dúas a través dun convenio que supoñería un investimento de trinta millóns de euros aproximadamente.

Toda vez que a dirección de obra xa está adxudicada e o plan económico-financeiro xa está aprobado, a previsión do goberno que preside Paco Ferreira é que a principios do ano 2023 poidan comenzar as obras para dar solución definitiva a un polígono industrial que leva medio siglo de forma alegal.

O alcalde trasladou a Cebreiros e Mallón toda a vontade de colaboración da administración local para a dinamización empresarial da nosa comarca, algo que “é fundamental para o crecemento económico e social de Gondomar, e para iso o desenvolvemento do Polígono da Pasaxe é a mellor ferramenta que temos, e por tanto non imos escatimar ningún esforzo para que sexa unha realidade máis pronto que tarde”.