Especialistas de Ribera aconsellan unha volta á rutina progresiva para evitar ansiedade ou insomnio

Especialistas en Saúde Mental do grupo sanitario Ribera recomendan, na medida do posible, unha volta progresiva á rutina do traballo ou os estudos para evitar os síntomas que en ocasións acompañan a quen termina as súas vacacións estes días. “Despois do verán e o descanso, moitos de nós facemos acrobacias para encaixar as obrigacións laborais coas axendas dos nenos e a xestión familiar. Afrontar a volta á rutina pode desencadear sintomatoloxía ansiosa, sentimentos de tristeza, apatía, fatiga mental e física e mesmo somnolencia”, explica Belén Vázquez, psicóloga do hospital Ribera Polusa (Lugo).

Cristina Díaz, enfermeira especialista en Saúde Mental do Hospital Universitario de Torrexón, engade como síntomas típicos da dificultade para volver ao día a día irritabilidade, desmotivación, falta de atención, memoria e concentración, pensamentos negativos, baixa autoestima, inseguridade e problemas de soño ou apetito. Sobre todo, asegura, “identifícanse estes síntomas en persoas con tendencia ao control e perfeccionistas, obsesivos e personalidades fóbicas, medorentas e evitativas”. Virginia Pérez, psiquiatra do Centro de Saúde do Toscar, no Departamento de Saúde de Vinalopó-Elxe que xestiona o grupo Ribera, engade que “as persoas con baixa capacidade de adaptación ao cambio e mala adaptación ao posto de traballo son tamén perfís que sofren con máis frecuencia o estrés da volta á rutina”. David Martínez, psicólogo clínico da Unidade de Saúde mental do Hospital de Torrexón, explica, pola súa banda, que o regreso tras os días ou semanas de asueto na praia, o campo ou a montaña e a ansiedade por recuperar o tempo ausente ou poñernos ao día poden provocar tamén “dificultade para desconectar cando non estamos a traballar e unha diminución ou perda da capacidade para gozar no tempo libre”.

Estes síntomas, engade Belén Vázquez, psicóloga de Ribera Polusa, “non son unha síndrome ou unha enfermidade en si mesmos, pero poden interferir en noso desempeño laboral e no noso benestar persoal”.

Para tentar evitar esta sintomatoloxía ou moderala, os especialistas en Saúde Mental do grupo Ribera facilitan dez consellos para unha volta á rutina saudable. Pero insisten en que se os síntomas prolónganse ou nos superan, é importante pedir axuda a un especialista.

  • Evitar, na medida do posible, a volta brusca. Non é boa idea reincorporarse ás poucas de horas de baixar dun avión.
  • Facer unha lista de prioridades, de maior a menor urxencia.
  • Organizar os días e semanas con certa flexibilidade.
  • Non mesturar horarios de vacacións e de rutina de traballo e manter horarios regulares de soño.
  • Paciencia. Non desesperarse por estar ao 100% nada máis chegar. Darnos tempo para equilibrar as demandas do traballo diario e organizar a volta.
  • Asumir que, aínda que custe, adaptarémonos como cada ano. Pedir axuda se fai falta.
  • Incorporar ou retomar actividades deportivas e/ou de lecer que axudan na sensación de orde e horarios.
  • Poñer en valor os momentos agradables e divertidos no traballo, como o reencontro con compañeiros ou os proxectos laborais ilusionantes.
  • Evitar a queixa continua. Non achega nada positivo e pode enturbar o ambiente de traballo.
  • Aceptar e entender como sentimos e aprender a tratarnos con amabilidade e agarimo.

Ademais, neste breve vídeo, Belén Vázquez, psicóloga do grupo, dá algunhas claves para axudar a xestionar o estrés no traballo.