
A sexta cita da tempada no Campionato Galego de Rallyes supoñerá un momento clave na tempada, pois a ausencia do líder do certame dará ás a Alberto Meira, quen ten ante si a que podería ser primeira vitoria do ano, que ademais lle ascendería a encabezar a táboa a puntos absolutos a falta do últimas tres citas.
Con todo, o equipo AMF Motorsport está a preparar a fondo esta segunda metade de ano, con revisión do Skoda Fabia R5 incluída, para tratar de asegurar un mellor ritmo nas probas finais da tempada e presionar ao seu rival na pelexa polo campionato.
O gondomarense sente confiado ante esta oportunidade: “Chegamos a esta carreira co coche ben revisado, tras facer un bo traballo durante o verán que esperamos ver recompensado con bos resultados no que queda de tempada. Os tramos do Carballiño dánllenos bastante ben e creo que podemos facer unha gran actuación esta fin de semana, na que esperamos evitar calquera tipo de problema que poida poñer en risco esta oportunidade que se nos presenta”.
O Rallye Pazo Tizón discorrerá finalmente a través de nove especiais, tendo a primeira delas na tarde do venres e o resto distribuídas o sábado en catro bucles de dous tramos cada un. A previsión meteorolóxica é de seco, resultando nunha variable menos a ter en conta para a elección de compostos Pirelli.