Anuncios
Ticker de novas

O Val Miñor súmase á Folga das Mulleres do 8M

O Val Miñor súmase o xoves 8 de marzo á Folga das Mulleres. Haberá diferentes puntos de quedada ás 12:00 do mediodía para saír en marcha cara Ramallosa. En Baiona, o porto pesqueiro, en Nigrán, a Casa Colorida, e en Gondomar, desde a Praza da Paradela.

Na Casa Colorida se ofrecerá ás 10:00 da mañá un almorzo para todas as que queiran compartir a xornada de folga unidas. Prepararanse cartaces, instrumentos, cazolas, cantigas, roupas e excentricidades varias.

Ás 13:00 horas, todas xuntaranse na Ramallosa, con pancartas, cartaces, tixolas, potas, música e reivindicación.

Anuncios