Unha fin de semana chea de maxia e música en Gondomar

Enmarcadas dentro do programa “Gondocultura Verán 2022”, o Concello de Gondomar programou para esta fin de semana dúas actuacións musicais e un espectáculo de ilusionismo e maxia. Así a programación comezará este mesmo venres coa mellor música “funk” e “soul” a cargo da banda “SUGAR POCKETS”, que animarán a Praza Paradela a partir das 22:00 horas.

Ao día seguinte, o sábado e no mesmo escenario da Praza do Concello, e tamén ás 22:00 horas, os encargados de amenizar a noite serán os “MESTEÑO BLUES”, a banda capitaneada polo gran guitarrista Diego Pacheco, que nos traerán o seus sons de raíz americana.

O domingo será a quenda da maxia. O Mago Teto presentará en Gondomar o seu espectáculo “ULTREIA” acompañado da Agrupación Musical de Vincios, que poñerá a banda sonora a unha noite chea de ilusionismo, maxia e diversión para todos os públicos.

O Alcalde Paco Ferreira quixo destacar que “Gondomar é un referente na actividade cultural durante todo o ano, e ao longo do que vai de verán temos programado espectáculos gratuítos de todas as disciplinas culturais, para todos os gustos e para todas as idades e así o seguiremos a facer”.