O CPA Gondomar ten dobre representación na World Cup en Alemaña

O Club Patinaxe Artística Gondomar ten dobre representación na World Cup en Alemaña. En libre masculino, a Joel Ribeiro como cadete, que participará con programa curto e longo. E en grupo show a “Last Kaneri”, o grupo pequeno composto por 9 integrantes, un patinador e oito patinadoras, Javier Martínez, Denís Alonso, Noa Álvarez, Xiana Fernández, Iria Boullosa, Alba Franco, Nerea Estévez, Andrea López e Nadia Iglesias.

O artífice de “Last Kaneri”, David Figueroa, xa se atopa en Gottingen, Alemaña, co patinador gondomareño individual de libre, que é o primeiro en competir do seu Club, e esperando a que chegue o grupo show, que esta semana adestrou sen descanso para este campionato da final da copa do mundo en Alemaña.

O grupo gondomareño adestra na súa pista habitual en Donas incansablemente para poder defender o seu programa 2022 denominado “Last Kaneri”, e alí dirixíaas a preparadora física e coach do Club, María Nombela, quen as acompañou nos seus últimos adestramentos.

O grupo diríxese hoxe a un dos seus destinos, a Gottingen, en Alemaña, realizando múltiples transbordos de transporte público, autobuses, trens, e mesmo escala de avión, un total de máis de quince horas para poder custearse a viaxe, tendo en conta que tamén conseguiron clasificarse para o campionato do mundo en Arxentina, e xa acudiron a Forli en Italia, á European Championship, polo que necesitan recadar diñeiro participando en diferentes eventos e realizando marchandaising para poder tentar cumprir con todas as súas citas deportivas.