Nigrán ofrece un roteiro pola variante litoral do Camiño Portugués pola Costa

O Concello de Nigrán continúa este mércores 13 de xullo coas súas andainas da programación de verán cun roteiro pola variante litoral do Camiño Portugués pola Costa. O punto de encontro é ás 20:00 horas na Ponte Románica da Ramallosa (non é preciso inscrición previa e é de balde) e terá unha duración de 2 horas aproximadamente, sendo a dificultade media-baixa. Os participantes deberán levar roupa e calzado axeitados, así coma unha botella de auga.

O seguinte roteiro polo litoral será o 1 de agosto (saída da Ponte da Ramallosa), Camiño Portugués Oficial (20 de xullo e 24 de agosto, saída da Ponte da Ramallosa) e “A praia dos Afogados” baseada no libro de Domingo Villar (27 de xullo e 31 de agosto, saída da Praia da Madorra). Todos ás 20:00 horas.