Manu Cossío e David Pérez estarán no campus de fútbol sala de Baiona

Manu Cossío e David Pérez estarán no campus de fútbol sala de Baiona. Dous técnicos sobradamente formados e con moita experiencia nos bancos, tanto en feminino como en masculino. Cossío vén de firmar as mellores campañas do Poio feminino e David clasificou ao Doctoral FS de Canarias no play de ascenso a segunda e meteuno na Copa do Rei. Os interesados en apuntarse aínda poden facelo no Pavillón Municipal de Baiona. O campus terá lugar dende o vindeiro luns 18 ata o venres 22 de xullo.