Ribera Povisa contratará a 150 profesionais para reforzar o persoal no verán

Ribera Povisa prevé contratar a unhas 150 persoas nas próximas semanas para reforzar o persoal durante o verán. O hospital atópase agora mesmo en pleno proceso de selección dos candidatos, entre os que se inclúen tanto médicos como enfermeiras, rehabilitadores, técnicos, auxiliares, camareiras, limpadoras e persoal de administración e mantemento.

Deses 150 profesionais que entrarán de reforzo, unha boa parte quedará integrada no persoal de forma permanente, dentro da política de fidelización dos traballadores posta en marcha pola Dirección de Xestión de Persoas do hospital. Así, todas estas contratacións incrementarán a dotación global de traballadores de Ribera Povisa, que no último ano xa consolidou emprego coa transformación en indefinidos de máis de 40 profesionais.

Neste sentido, Ribera creou unha campaña que visibiliza o traballo dos enfermeiros e enfermeiras no grupo co obxectivo de atraer talento. Aqueles profesionais graduados en Enfermería que desexen desenvolver o seu labor nalgún dos centros sanitarios que o grupo xestiona en toda España, incluído o hospital Ribera Povisa, pode presentar o seu currículo na web de emprego.