Retirada de eucaliptos organizada pola Agrupación Musical de Vincios

A Agrupación Musical de Vincios, atendendo a solicitude de colaboración da Comunidade de Montes da parroquia, organiza o próximo domingo 28 de outubro unha xornada para arrincar os eucaliptos que nacen por todas partes despois dos lumes de fai un ano. Convocan a todos os membros desta asociación musical (compoñentes da banda e do coro, alumnos, familias, socios e simpatizantes) a participar nesta actividade de voluntariado pola recuperación do monte. O punto de encontro será ás 10:00 da mañá no merendeiro do Monte Galiñeiro de Vincios. Hai que levar roupa e calzado adecuados, e guantes.