A Área Sanitaria de Vigo despediu a 89 residentes

O Hospital Álvaro Cunqueiro realizou hoxe a despedida oficial dunha nova promoción de residentes que concluíron o seu período de formación como especialistas, tanto facultativos como enfermeiras. Os novos facultativos especialistas pasaron catro ou cinco anos, dependendo da especialidade, nos distintos servizos, mentres que as novas enfermeiras especialistas formáronse durante dous anos. No transcurso deste evento -presidido polo xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente- os 89 novos especialistas recibiron unha copia da orla oficial, ademais dun agasallo institucional.

Os residentes que hoxe terminaron o seu período de formación distribúense en case todos os servizos: 1 en Análises Clínica; 2 Anatomía Patolóxica; 4 en Anestesia e Reanimación; 1 en Aparello Dixestivo; 2 en Cardioloxía; 1 Cirurxía Cardiovascular; 2 en Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía; 2 en Cirurxía Xeral e Aparello Dixestivo; 1 en Endocrinoloxía e Nutrición; 1 Farmacia Hospitalaria; 1 en Hematoloxía e Hemoterapia; 23 en Medicina Familiar e Comunitaria; 1 en Medicina Física e Rehabilitación; 2 en Medicina Interna; 1 Medicina Intensiva; 1 en Medicina Nuclear; 1 en Nefroloxía; 1 en Neurofisioloxía; 1 Neurocirurxía; 1 en Neuroloxía; 2 en Obstetricia e Xinecoloxía; 2 en Oftalmoloxía; 1 en Oncoloxía Médica; 2 en Oncoloxía Radioterápica; 2 en Otorrinolaringoloxía; 4 en Pediatría; 2 en Pneumoloxía; 1 en Psicoloxía Clínica; 2 en Psiquiatría; 3 en Radiodiagnóstico; 1 en Radiofísica Hospitalaria; 1 en Uroloxía; e 1 en Xeriatría.

Tamén concluíron hoxe a súa formación 15 especialistas en Enfermaría, 3 en Enfermería Pediátrica, 1 en Saúde Mental, 5 en Obstetricia e Xinecoloxía, e 6 en enfermaría Familiar e Comunitaria. Nestes momentos, na Área de Vigo estanse formando un total de 380 graduados, que realizan o seu período de formación especializada tanto en hospitais con en centros de saúde.

Novas vacinas

O acto de despedida contou coa participación da Dra. Eugenia Puentes Colorado, Directora de I+D do Grupo Biotecnolóxico Zendal, cunha conferencia titulada “Zendal, Innovación Biomédica: MTBVAC, una vacuna viva contra la tuberculosis, y Vacunas Covid 19”. Eugenia Puentes é Doctora en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Completou a súa formación investigadora no Departamento de Xenética do “Molecular and Cell Biology Department” da Universidade de Aberdeen (Escocia). Na actualidade é membro do Comité Técnico permanente de Veterindustria e académica da Real Academia de Farmacia de Galicia.