Curso de hábitos saudables e promoción para a saúde no Centro Sociocomunitario de Baiona

Adrián Martíns Salinas, Técnico Superior en Nutrición e Dietética, impartirá un Curso de Hábitos Saudables e Promoción para a Saúde no Centro Sociocomunitario de Baiona os días 1, 2 e 3 de xuño, mércores, xoves e venres. Serán tres xornadas en horario de mañá, de 10:30 a 12:30 horas, para un grupo máximo de 10 persoas, con tres obradoiros sucesivos de coaching nutricional, cociña básica sa e actividade física e estiramentos.

O curso está subvencionado pola Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, sendo totalmente gratuíto fóra dunha cota de inscrición de cinco euros que se utilizará para a adquisición de parte dos materiais necesarios para a realización do segundo obradoiro. Máis información e inscricións no Centro Sociocomunitario de Baiona ou no teléfono 886 110 123.