O CPA Gondomar consegue seis ouros, unha prata e un bronce no Campionato Provincial Libre

FOTO: JULI ROD // As patinadoras e patinadores do CPA Gondomar.

Este sábado o Club Patinaxe Artística Gondomar albergou o Campionato Provincial Libre de Categoría Nacional de cadete a sénior conseguindo podio en todas as categorías nas que participou.

As patinadoras e patinadores do club gondomareño fixéronse cos podios das seguintes categorías: ouro en cadete masculino para Joel Ribeiro, en cadete feminino ouro para Xiana Fernández, prata para Marta Goyanes e bronce para Ainhoa Vidal. Tamén ouro en xuvenil para Noa Álvarez, ouro en júnior masculino para Manuel Estévez e en feminino para Sofía Fernández e ouro tamén en sénior feminino para Andrea López.

Unha fin de semana chea de vitorias para o Club de Patinaxe Artística de Gondomar encabezado polo seu adestrador David Figueroa, en compañía do resto do corpo técnico; María Nombela como preparadora física e coach do club, e o seu coreógrafo Javier Martínez. Todos eles acompañaron aos seus deportistas levándoos ao máis alto dos podios.

O campionato finalizou coa entrega de trofeos por parte das autoridades municipais, o Alcalde Paco Ferreira, a concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, e o técnico de deportes, Xose Antón Fernández.